Por que importa a privacidade
Sen privacidade, podes chegar a ter tanto medo de ser xulgado polos demais que non intentes ou aprendas cousas novas, mesmo se non estás facendo nada malo.
A túa información persoal e conversas privadas poden ser sacadas de contexto para facerche quedar como unha mala persoa ou un criminal, aínda que non o sexas.
Exercendo o teu dereito á privacidade, estás axudando a que outras persoas, como xornalistas ou activistas, tamén poidan facelo máis facilmente e sen chamar a atención.
Non es nin serás xulgado polos teus propios estándares. Os estándares varían entre diferentes persoas e organizacións, e cambian co tempo. Mesmo se o teu comportamento é considerado aceptable hoxe, mañá podería ser empregado contra ti.
Se compartes datos persoais, incluso con alguén de confianza, estes quedan fóra do teu control e corren o risco de ser hackeados ou vendidos.
Cando somos capaces de manter partes da nosa vida en privado, créanse límites sociais. É posible que queiras evitar que algunhas persoas, como as túas ex parellas, antigos xefes ou familiares saiban certas cousas sobre ti.
Próximos pasos
Queres tomar medidas para te protexer? Segue esta guía da Electronic Frontier Foundation.
Galician translation by Pilar Mera